O proxecto

Dende esta fiestra pretendemos ofrecer unha ollada do noso concello a través das fotos que os novos veciños ofrecen destas terras

O proxecto memoria de Castrelo, nace no ano 2010 co obxectivo de crear un arquivo fotográfico entre todos os cidadáns para evitar que as fotos queden esquecidas, e revitalizar así a memoria colectiva.

Con este obxecto O Concello tratou de impulsar o proxecto creando esta plataforma para poder organizar e administrar as fotografías nunha plataforma accesible para todos os cidadáns como e Internet, ademais subindo todas as fotografías que os cidadáns puxeron no noso poder.

Temos o firme convencemento de que este proxecto pode medrar e ser un proxecto cheo de lembranzas e de valor histórico para todos os cidadáns.